A delegada da Xunta en Ferrol reúnese con representantes da Escola de Defensa Persoal HKF

Ferrol, 18 de xullo de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, recibiu esta mañá no seu despacho a membros da directiva da Escola de Defensa Persoal “HKF”  co fin de coñecer as actividades e proxectos nos que se atopa inmersa a entidade e abordar algunha colaboración da Administración Autonómica.

O encontro enmárcase na rolda de contactos que a delegada territorial vén mantendo co tecido asociativo da zona co obxecto de coñecer de primeira man as súas  necesidades e demandas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/07/2025