A Xunta avala en Vigo a modernización do pequeno comercio a través de novas ferramentas como o programa ´Impulsa Comercio Galicia´
Vigo, 24 de xullo de 2025
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta mañá na presentación do programa Impulsa Comercio Galicia. Obradoiros para transformar o teu negocio con dixitalización, innovación e sustentabilidade, unha iniciativa da Federación Galega de Comercio que conta co apoio da Xunta.
Neste sentido, o director xeral lembrou que un dos obxectivos do Goberno galego é apoiar o pequeno comercio para que poida adaptarse á nova realidade e ás tendencias actuais de consumo, mediante a introdución de tecnoloxías que permitan responder ás necesidades da clientela, mellorar a imaxe e os equipamentos dos establecementos e consolidar un comercio de proximidade moderno, competitivo e atractivo. Ademais, salientou o impulso a un modelo máis sostible, fomentando o uso de bolsas e materiais de embalaxe con baixa pegada de carbono, eliminando plásticos e adaptando os envases ao tamaño real dos produtos, en liña co compromiso ambiental e coa eficiencia no uso dos recursos.