Belén do Campo destaca o investimento de máis de 48.000€ que que permitiu renovar a casa do conserxe para ampliar o comedor do CEIP Ramón de Artaza e Malvárez en Muros

A delegada da Xunta lembrou que a Xunta de Galicia está a acometer este ano 131 actuacións en centros educativos da provincia da Coruña cun investimento total de 44M€

Na comarca do Barbanza o Goberno galego ten comprometidas 17 actuacións por un importe de máis de 362.000 euros nos concellos de Muros, Boiro, Mazaricos, Noia, Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Ribeira

Muros (A Coruña), 4 de agosto de 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo director territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Indalecio Cabana, visitou esta mañá o CEIP Ramón de Artaza y Malvárez no que a Xunta levou a cabo unha importante obra de reforma de casa de conserxe, en desuso desde hai anos, para levar a cabo a ampliación de comedor. Esta actuación contou cun investimento de máis de 48.000 euros e permitirá dar un servizo acorde coas necesidades actuais deste centro educativo.

Ademais da ampliación do comedor tamén se acondicionou un aseo mixto para servizo do propio comedor, con dúas cabinas de inodoros, unha delas accesible, e un almacén para material diverso do colexio. Deste xeito, o funcionamento do comedor queda claramente mellorado, tanto polo aumento da súa superficie, como polo acondicionamento do aseo que evita que os alumnos teñan que desprazarse a outros baños que se atopan fora do local do comedor. A delegada destacou que a superficie ca que se ampliou o comedor foi de 38,41 m2 que xunto co baño e o almacén chegou aos 65,43 m2, resultando unha superficie total de 105 m2.

Durante a obra levouse a cabo a  construción de novos tabiques, falsos teitos, pintura, alicatados, remates de ocos, novo pavimento e nivelación do mesmo con respecto ao do actual comedor, colocación de portas e instalacións de iluminación, fontanería, saneamento e calefacción, xunto co subministro e colocación de aparellos sanitarios e outros elementos complementarios.

CEIP

Belén do Campo destacou que este colexio contou, o ano pasado, con máis de 200 alumnos, de educación infantil e primaria. A representante do Goberno autonómico subliñou a implicación do seu profesorado xa que participan en moitos programas educativos como os contrato-programa, plan recupera, programa ARCO, PROA, Plambe, Club de Lectura, Biblioteca e Radio Escolar, plan Proxecta e no programa de Educación Responsable. Ademais, do Plan Dixital de Polos Creativos.

Outras das súas iniciativas destacadas son a realización de actividades experimentais interaulas, inclusivas activas onde alumnado de diferentes grupos interactúa conxuntamente para adquirir coñecementos de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais e para desenvolver os valores da cidadanía democrática, a vida en común, o desexo de seguir aprendendo e a capacidade de aprender por si mesmos. 

Obras

Durante a visita a delegada lembrou que a Xunta de Galicia está a acometer, este ano, 131 actuacións en centros educativos da provincia da Coruña cun investimento total de 44M€, e concretamente, na comarca do Barbanza 17 actuacións.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/08/2025