A Xunta licita por máis de 780.000 € a contratación de servizos para mellorar a xestión da historia clínica a través da normalización semántica

O obxectivo é mellorar a xestión da historia clínica e súa interoperabilidade semántica co resto do sistema nacional de saúde

As empresas interesadas neste procedemento teñen ata o 4 de setembro para presentar as súas ofertas

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2025

A Xunta vén de publicar no Portal de Contratos de Galicia a licitación, por valor de 780.595,20 euros, da contratación de servizos para mellorar a xestión da historia clínica a través da mellora da normalización semántica.

O obxectivo é mellorar a xestión da historia clínica dos pacientes a través da normalización e a interoperabilidade semántica co resto do sistema nacional de saúde.

O contrato comprende servizos de consultoría para a creación de catálogos terminolóxicos, para definir o modelo de gobernanza destes, para facer que a información da sanidade pública sexa máis interoperable co sistema nacional de saúde e modelar cuestionarios relativos a situacións clínicas e medicións de resultados en saúde.

Esta actuación forma parte do Plan de Atención Dixital Personalizada e está financiado pola Unión Europea, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

As empresas interesadas neste procedemento teñen ata o 4 de setembro e 2025 para presentar as súas ofertas

O Servizo Galego de Saúde porá en marcha este servizo a partir do segundo semestre do ano que vén.

Data de actualización: 05/08/2025