Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 17.00 h. de hoxe
Activo un incendio forestal no concello de Ponteceso, parroquia de Corme Aldea, no que se decretou a Situación 2 como medida preventiva pola súa proximidade ás vivendas
Está activo tamén un incendio no concello da Fonsagrada, parroquia de Monteseiro, iniciado ás 15.30 horas de hoxe e afecta, segundo as últimas estimacións, unha superficie de máis de 20 hectáreas
Segue estabilizado desde as 9.39 horas un incendio rexistrado hoxe no concello de Mondariz, parroquia de Riofrío e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas
Desde as 23.32 do domingo permanece estabilizado outro incendio en Ponteceso parroquia de Brantuas, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 170 hectáreas
Permanece controlado desde as 20.09 de onte o lume forestal da parroquia da Graña, tamén en Ponteceso, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de preto de 100 hectáreas
Mantense controlado desde as 21.47 horas de onte o incendio do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Terroso, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 570 hectáreas
Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2025
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 17.00 horas de hoxe, martes.
Activo Ponteceso-Corme Aldea, Activada Situación 2
Está activo un incendio forestal no concello coruñés de Ponteceso, parroquia de Corme Aldea, no que se decretou a Situación 2 como medida preventiva pola súa proximidade ás vivendas. O lume iniciouse ás 14.12 horas de hoxe e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas.
Ata o momento, para a súa extinción mobilizáronse 1 técnico, 7 axentes, 10 brigadas, 9 motobombas, 2 pas e 3 unidades técnicas de apoio. Ademais, para as tarefas de extinción mobilizáronse inicialmente 2 helicópteros e 2 avións, que non puideron actuar polas condicións climatolóxicas adversas que impiden traballar con seguridade.
Activo A Fonsagrada-Monteseiro
Está activo un incendio forestal no concello lucense da Fonsagrada, parroquia de Monteseiro, que se iniciou ás 15.30 horas de hoxe e que, segundo as últimas estimacións, supera as 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 3 técnicos, 4 axentes, 7 brigadas, 7 motobombas, 3 pas, 6 helicópteros e 6 avións.
Estabilizado Mondariz-Riofrío
Continúa estabilizado desde as 9.39 horas un incendio rexistrado hoxe no concello de Mondariz, parroquia de Riofrío. O lume iniciouse ás 00.20 horas da madrugada deste martes e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas. Ata o momento mobilizáronse 1 técnico, 6 axentes, 9 brigadas, 12 motobombas, 2 pa e 1 helicóptero.
Estabilizado Ponteceso-Brantuas
Desde as 23.32 do domingo permanece estabilizado outro incendio neste mesmo concello, parroquia de Brantuas, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 170 hectáreas. O lume comezou ás 20.30 horas do pasado sábado e, polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción 5 técnicos, 22 axentes, 25 brigadas, 17 motobombas, 2 pas, 3 unidades técnicas de apoio, 3 helicópteros e 11 avións.
Controlado Ponteceso-A Graña
Segue controlado desde as 20.09 de onte o lume forestal da parroquia da Graña, tamén en Ponteceso, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de preto de 100 hectáreas. O incendio comezou ás 00.30 horas da madrugada do domingo e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 3 técnicos, 21 axentes, 24 brigadas, 24 motobombas, 2 unidades técnicas de apoio e 9 helicópteros.
Controlado Vilardevós-Terroso
Mantense controlado desde as 21.47 horas de onte o incendio do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Terroso, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 570 hectáreas. Neste incendio foi preciso decretar a Situación 2 pola súa proximidade a núcleos de poboación, unha situación operativa de emerxencia que foi desactivada ás 22.15 horas do domingo.
O incendio iniciouse ás 23.04 horas do pasado venres e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 12 técnicos, 56 axentes, 83 brigadas, 54 motobombas, 6 pas, 12 helicópteros e 12 avións. Ademais, tamén participaron nos labores de extinción de efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.