Lorenzana avalía coa Comunidade de Propietarios do polígono de Bergondo as posibilidades de desenvolvemento de solo empresarial na zona

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro coa Comunidade de Propietarios do polígono de Bergondo para avaliar as posibilidades de desenvolvemento de solo empresarial na zona.

Na reunión, Lorenzana aproveitou tamén para explicarlles as novas figuras de desenvolvemento de solo industrial que a Xunta puxo en marcha neste 2025, así como a política de planificación económica que está a levar a cabo o Goberno galego.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/08/2025