Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09.00 h. de hoxe

Permanece declarada a situación 2 a nivel provincial en Ourense, o que implica unha maior axilidade de medios e recursos da Comunidade autónoma e do resto de administracións para a provincia

Están activos os incendios de Chandrexa de Queixa-Requeixo (4.500 ha), Chandrexa de Queixa-Parafita (5.000 ha), Maceda-Santiso (1.700), Oímbra-A Granxa (5.000), A Mezquita-A Esculqueira (4.000 ha), Vilardevós-Vilar de Cervos (200 ha) e Larouco-Seadur (150 ha)

Están estabilizados os lumes de Dozón-O Castro (400 ha), Ourense-Seixalbo (100 ha), Maceda-Castro de Escuadro (450 ha), Vilariño de Conso-Mormentelos (180 ha), Montederramo-Paredes (120 ha) e Vilardevós-Moialde (40 ha)

Permanecen controlados Samos-Santalla (200 ha), A Fonsagrada-Monteseiro (150 ha), A Estrada-Souto (20 ha) e Verín-Mourazos (9 ha)

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2025

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 09.00 horas de hoxe xoves.

LUGO

CONTROLADOS

Controlado Samos-Santalla

Ás 20.18 horas de onte quedou controlado o lume do concello de Samos, parroquia de Santalla, que se iniciou o luns ás 23.27 e que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 200 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 3 técnicos, 17 axentes, 33 brigadas, 37 motobombas, 5 pas, 3 helicópteros e 2 avións.

Controlado A Fonsagrada-Monteseiro

Permanece controlado desde as 14.42 horas do domingo o incendio forestal do concello lucense da Fonsagrada, parroquia de Monteseiro, que se iniciou ás 15.30 horas do martes día 5 e que, segundo as últimas estimacións, afecta arredor de 150 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 6 técnicos, 66 axentes, 90 brigadas, 93 motobombas, 3 pas, 8 helicópteros e 8 avións.

OURENSE

Permanece decretada a Situación 2 en toda a provincia, o que implica unha maior axilidade de medios e recursos da Comunidade autónoma e do resto de administracións para a provincia. Amplíase tamén o horario laboral do persoal e axilízanse os trámites coas diferentes administracións, especialmente coa Unidade Militar de Emerxencias (UME).

ACTIVOS

Activo Chandrexa de Queixa-Requeixo

Permanece activo desde as 15.51 horas do venres o incendio forestal do concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 4.500 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 16 técnicos, 62 axentes, 98 brigadas, 53 motobombas, 9 pas, 6 unidades técnicas de apoio, 13 helicópteros e 13 avións. Tamén participan nas tarefas de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Chandrexa de Queixa-Parafita

Segue tamén activo o incendio forestal do concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Parafita, que se iniciou ás 17.45 horas do martes e que, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 5.000 hectáreas, parte delas no limítrofe municipio de Manzaneda. Para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 4 técnicos, 28 axentes, 33 brigadas, 19 motobombas, 4 pas, 3 unidades técnicas de apoio, 7 helicópteros e 4 avións. Tamén participan nas tarefas de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).  

Activo Maceda-Santiso

Desde as 03.13 horas do martes está activo un lume no concello de Maceda, parroquia de Santiso. Este incendio, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 1.700 hectáreas, parte delas no veciño concello de Montederramo. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 4 técnicos, 32 axentes, 42 brigadas, 25 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 9 helicópteros e 8 avións. Tamén participan nas tarefas de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Vilardevós-Vilar de Cervos

Está activo desde o mércores ás 18.09 horas un incendio no concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Vilar de Cervos, que segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 200 hectáreas. Ata o momento mobilizáronse para a súa extinción 2 técnicos, 4 axentes, 1 brigada, 6 motobombas, 1 helicóptero e 2 avións.

Activo Oímbra-A Granxa

Permanece activo o incendio forestal do municipio ourensán de Oímbra, parroquia da Granxa, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 5.000 hectáreas, parte delas no veciño concello de Monterrei. O lume iniciouse ás 14.39 horas do martes e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 13 técnicos, 31 axentes, 48 brigadas, 35 motobombas, 2 pas, 4 unidades técnica de apoio, 7 helicópteros e 8 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME)

Activo A Mezquita-A Esculqueira

Desde as 09.42 horas do martes está activo un incendio forestal no concello ourensán da Mezquita, parroquia da Esculqueira, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 4.000 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 2 técnicos, 18 axentes, 14 brigadas, 19 motobombas, 4 pas, 1 tractor, 2 unidades técnicas de apoio, 5 helicópteros e 6 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Tamén colaboran nas tarefas de extinción medios terrestres portugueses.

Activo Larouco-Seadur

Desde as 18.55 de onte está activo un incendio no concello de Larouco, parroquia de Seadur, que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 150 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 9 axentes, 12 brigadas, 13 motobombas, 2 pas, 1 técnico, 1 helicóptero e 2 avións.

ESTABILIZADOS

Estabilizado Ourense-Seixalbo

Desde as 00.51 horas de onte está estabilizado o incendio forestal iniciado ás 14.14 horas do martes na localidade de Ourense, parroquia de Seixalbo, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 100 hectáreas. Ata o momento mobilizáronse para a súa extinción 1 técnico, 13 axentes, 20 brigadas, 10 motobombas, 4 helicópteros e 4 avións.

Estabilizado Maceda-Castro de Escuadro

Está estabilizado, desde as 23.37 horas do domingo, o incendio do concello de Maceda, parroquia de Castro de Escuadro, que se iniciou o sábado ás 23.19 horas. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta arredor de 450 hectáreas. Iniciouse en entre cinco e seis puntos case simultáneos, o que apunta cara unha clara intencionalidade. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 4 técnicos, 32 axentes, 54 brigadas, 38 motobombas, 6 pas, 6 helicópteros e 10 avións.

Estabilizado Vilariño de Conso-Mormentelos

Desde as 23.37 horas do luns está estabilizado o lume do concello de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelos, que se iniciou o domingo ás 17.30 horas e que segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 180 hectáreas de superficie afectada. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 15 axentes, 19 brigadas, 14 motobombas, 2 pas, 1 unidade técnica de apoio, 2 helicópteros e 4 avións.

Estabilizado Montederramo-Paredes

Segue estabilizado desde as 10.35 horas do martes o incendio forestal do concello ourensán de Montederramo, parroquia de Paredes, que se iniciou o luns ás 04.50 horas e que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 120 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo momento, 2 técnicos, 6 axentes, 13 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 7 helicópteros e 5 avións.

Estabilizado Vilardevós-Moialde

Continúa estabilizado desde as 10.02 do martes o incendio forestal do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Moialde. Segundo as últimas estimacións, este lume, que se iniciou ás 16.05 horas do luns, afecta arredor de 40 hectáreas e polo de agora mobilizáronse na súa extinción 2 técnicos, 10 axentes, 16 brigadas, 17 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 6 avións.

CONTROLADOS

Controlado Verín-Mourazos

Esta controlado, desde as 01.01 horas do martes o incendio forestal do concello ourensán de Verín, parroquia de Mourazos, iniciado ás 13.15 horas do luns. A superficie afectada estimada provisional é de arredor de 9 hectáreas e, polo momento, para a súa extinción mobilizáronse 1 técnico, 7 axentes, 9 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 2 unidades técnicas de apoio, 3 helicópteros e 6 avións.

PONTEVEDRA

ESTABILIZADOS

Estabilizado Dozón-O Castro

Desde as 21.47 horas de onte esta estabilizado o incendio forestal do municipio pontevedrés de Dozón, parroquia do Castro, que se iniciou o martes ás 14.32 horas e que afecta unha superficie estimada de 400 hectáreas. Neste lume decretouse a Situación 2 como medida preventiva pola súa proximidade ao núcleo de poboación do Castro, unha situación que xa foi desactivada. Para a súa extinción mobilizáronse ata o momento 4 técnicos, 11 axentes, 24 brigadas, 30 motobombas, 2 pas, 1 unidade técnica de apoio, 5 helicópteros e 4 avións.

CONTROLADOS

Controlado A Estrada-Souto

Esta controlado desde as 12.10 horas do martes o incendio forestal do concello da Estrada, parroquia de Souto, que se iniciou o domingo ás 12.37 horas e que segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 20 hectáreas de superficie afectada. Para a súa extinción, mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 13 axentes, 23 brigadas, 24 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 4 helicópteros e 3 avións.

CONFINAMENTOS, EVACUACIÓNS OU DESALOXOS

Arestora permanecen confinados catro núcleos en Monterrei (Mixós, Estevesiños, Vences e A Pousa). Algúns deles foron evacuados de noite por seguridade para facilitar os labores de control da cabeza do incendio. Os veciños puideron regresar ás súas casas de madrugada.

Tamén en Monterrei (núcleo de Albarellos), evacuáronse 8 vivendas.

Permanecen evacuados 25 maiores con mobilidade reducida da residencia de Chandrexa de Queixa e 47 maiores da residencia da Mezquita. Todos foron trasladados a outros centros da provincia.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Data de actualización: 14/08/2025