A Xunta licita por preto de 330.000 euros o subministro e instalación de lavacuñas termodesinfectadoras con destino ao Hospital Novo Montecelo

A Xunta compaxina a finalización da obra coa contratación do equipamento necesario para a posta en marcha do novo centro hospitalario

As empresas interesadas no contrato poden presentar as súas ofertas ata o 18 de setembro

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2025

A Xunta vén de publicar no Portal de Contratos de Galicia a licitación, por importe de 329.720 euros, do subministro e instalación de lavacuñas termodesinfectadoras con destino ao Hospital Novo Montecelo, pertencente á área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Este procedemento responde á necesidade de mellorar os servizos de atención sanitaria da área coa adquisición de lavacuñas termodesinfectadoras tanto nas unidades de hospitalización como ambulatorias como no resto de unidades asistenciais que necesiten deste servizo.

As empresas interesadas no contrato poden presentar as súas ofertas ata o 18 de setembro.

De forma paralela á obra, na que está a investir 170 millóns de euros, a Xunta está a levar a cabo a compra e instalación do equipamento do novo hospital por importe 30 millóns de euros de cara á próxima posta en marcha do centro hospitalario.

Data de actualización: 18/08/2025