A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou hoxe a entidade
A Xunta garante o seu apoio aos programas de atención terapéutica e de formación que desenvolve a asociación TDAH Salnés
O Goberno galego financia obradoiros e actividades da entidades que melloran o benestar e autonomía dos participantes
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 21 de agosto de 2025
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, sinalou hoxe que a Xunta continuará prestando ao seu apoio ás familias que fan uso dos servizos da entidade TDAH Salnés. Así o destacou durante unha vista ás instalacións desta asociación, que leva dez anos desenvolvendo actividades dirixidas a persoas con Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade.
Begoña Abeijón apuntou que o Executivo autonómico colabora desde hai tempo con esta entidade, co financiamento de diferentes actividades centradas na atención e na formación. En concreto, a través da última orde de axudas do IRPF sufráganse dúas iniciativas, unha de carácter pedagóxico o programa `Talento con-tacto’.
A directora xeral aproveitou a súa vista para manter unha reunión cos responsables da entidade e explorar novas vías de colaboración. Neste sentido, destacou que o traballo conxunto da Xunta e TDAH Salnés permite mellorar o benestar e a autonomía dos nenos e adolescentes, con programas e obradoiros que poñen o foco en resaltar as súas capacidades e fortalezas, así como en aprender a xestionar as súas emocións.