A directora da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue, Marisa López, achegouse hoxe ata o Concello de Cambados, para presentar a campaña estival “Non esquezas doar antes de veranear”

A campaña de verán de doazón de sangue chega ata o concello de Cambados

No 2024 o Concello de Cambados obtivo 849 doazóns cunha taxa que acadou as 62 doazóns por cada 1000 habitantes e ano, 23 puntos por riba da media galega

A Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue informa de que as reservas dos grupos sanguíneos A+ e O+ están baixas e anima a doar a toda a cidadanía

Cambados (Pontevedra), 22 de agosto de 2025

A directora da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue, Marisa López, achegouse hoxe ata o Concello de Cambados, para presentar a campaña estival “Non esquezas doar antes de veranear” organizada pola Consellería de Sanidade para recoller a solidariedade da cidadanía galega co fin de previr a escaseza de compoñentes sanguíneos en verano.

Para facilitar a participación dos doantes, a unidade móbil de ADOS estará situada diante do concello, hoxe venres, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas e mañá sábado de 10:00 a 15:00 horas. Como mostra de agradecemento, as persoas que se acheguen a doar, recibirán un agasallo especial para este verán.

Durante o período estival requirise un esforzo especial para cubrir a demanda de máis de 27.000 doazóns necesarias para garantir a atención sanitaria nos hospitais galegos. Para logralo, ADOS desprega a longo destes meses, as unidades móbiles en 220 concellos para atender a todos os cidadáns que queiran doar sangue.

A Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue informa de que as reservas dos grupos sanguíneos A+ e O+  están baixas e anima a doar a toda a cidadanía.

Solidariedade do concello

No pasado ano 2024, o Concello de Cambados acadou 849 doazóns de sangue, cunha taxa de 62 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, 23 puntos por riba da media galega.

ADOS quere amosar o seu agradecemento pola colaboración do Concello de Cambados, e especialmente pola súa axuda e apoio no desenvolvemento desta campaña estival, así como a toda a veciñanza do municipio pola súa xenerosidade e colaboración.

Facilidades para doar sangue

A campaña estival, que arrincou o pasado 13 de xuño e que se estenderá ata o 15 de setembro, pretende fomentar a participación da cidadanía na doazón nestes meses, onde habitualmente prodúcese un descenso nas reservas de sangue.

As unidades móbiles de ADOS realizarán 800 desprazamentos para achegar a doazón de sangue por toda a xeografía galega. Así mesmo, levará a cabo unha intensa campaña informativa, na que conta coa colaboración dos concellos, que achegarán información sobre a doazón de sangue ao tecido asociativo.

Hai que ter en conta que o sangue non se pode fabricar e soamente pódese obter grazas á doazón voluntaria das persoas. Os compoñentes do sangue que se obteñen son vitais para atender a milleiros de doentes.

Calquera persoa entre 18 e 70 anos que pese máis de 50 quilos cunha boa saúde, pode achegarse ás unidades móbiles de ADOS ou aos locais de doazón de sangue nas sete grandes cidades, onde serán atendidos por persoal sanitario especializado.

Grazas a colaboración de toda a sociedade galega, case 31.000 pacientes recibiron unha transfusión dun compoñente sanguíneo no pasado ano 2024, e ADOS agradece a súa participación as persoas que doan sangue. Sen a colaboración altruísta de milleiros de doantes de sangue cada ano, sería imposible realizar intervencións cirúrxicas, transplantes de órganos, transplantes de medula ósea ou axudar a doentes que loitan contra o cancro ou a leucemia.

ADOS lembra que doar sangue é un xesto sinxelo, xeneroso e solidario, e convida a toda a cidadanía, maior de idade e en bo estado de saúde, a participar nesta campaña e dedicar 15 minutos do seu tempo para salvar vidas Doar antes de veranear é garantir que o sangue estará dispoñible cando máis se precisa.

Para máis información esta dispoñible a páxina web de ADOS: www.ados.sergas.gal  

Tamén nas redes sociais:

 X: @doadoressangue

 Facebook: https://www.facebook.com/doadoressangue

 Instagram: @doadoressangue

 Youtube: https://www.youtube.com/@doadoressangue

E un teléfono gratuíto de información, 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/08/2025