A Xunta colabora coa XII Ruta de Pinchos de Teis para fomentar o comercio de proximidade
2025-08-28
/documents/35297/1838682/20250828+Pinchos+Teis+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 28 de agosto de 2025
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este xoves na presetanción da XII Ruta de Pinchos de Teis que se celebrará entre o 19 de agosto e o 14 de setembro coa participación de doce establecementos do barrio vigués. A representante autonómica destacou a colaboración do Goberno galego co obxectivo de fomentar o consumo no comercio local e animou á cidadanía a participar na campaña que repartirá diferentes premios. No acto tamén participaron a presidenta do Centro Comercial Zona Aberta de Teis, Mª Jesús Román; a presidenta do Mercado de Teis, Celia Rial, e varios hostaleiros coa presentación dos seus pinchos.
Departamento:
C. de Emprego, Comercio e Emigración
Data de actualización: 28/08/2025