A Xunta destaca o papel da XIV Festa do Cordeiro de Chandrexa como motor de dinamización rural e escaparate dos produtos galegos

Chandrexa de Queixa (Ourense), 6 de setembro de 2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, participaron hoxe na XIV Festa gastronómica do Cordeiro, onde puxeron en valor a importancia deste tipo de celebracións para dinamizar a economía do territorio, promocionar os produtos agroalimentarios galegos e preservar as tradicións vinculadas ao medio rural.

O programa da xornada incluíu a tradicional degustación de cordeiro ao espeto, un xantar popular e diversas actuacións musicais, convertendo o evento nun punto de encontro entre veciñanza, visitantes e produtores locais. O Goberno autonómico subliña que iniciativas coma esta contribúen a visibilizar o potencial do rural galego, reforzando a súa capacidade de atraer poboación e xerar nova actividade económica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/09/2025