A Xunta inviste máis de 77.000 euros en actuacións para erradicar o caruncho no CEIP José María Lage de Ortigueira

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o centro coincidindo co inicio do curso escolar 

A intervención, que se levou a cabo en dous fases, consistiu na substitución dos marcos e portas de madeira das aulas afectadas polo caruncho

Ortigueira (A Coruña), 8 de setembro de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, supervisou esta mañá o resultado das actuacións que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP levou a cabo este verán no CEIP José María Lage cun investimento de preto de 30.000 euros.

Os traballos consistiron na substitución dos marcos e portas de madeira das aulas co fin de erradicar a presenza do caruncho leva afectando ás instalacións educativas nos últimos anos. 

Aneiros lembrou que se trata da segunda fase da intervención despois de que no verán do pasado ano a consellería actuase nas aulas da segunda planta onde se procedeu á substitución dos elementos de madeira que dividían as mesmas. O investimento total de ambas actuacións supera os 77.000 euros.

Durante a visita, a delegada territorial aproveitou a ocasión para saudar aos 183 alumnos e 24 docentes que hoxe comezaron as clases no centro educativo. Lembrou que na área da Delegación Territorial de Ferrol inician hoxe a actividade lectiva  do curso 2025-2026 un total de 19.900 alumnos nas diferentes etapas educativas, o que supón un 1,5% menos que o curso anterior.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/09/2025