Extinguido o incendio do concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio

O lume iniciouse ás 14.56 horas do pasado sábado e finalmente afectou unha superficie de 1.020, das cales 770 correspóndense con monte raso e 250 arborado

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2025

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio, quedou extinguido ás 14.48 horas de hoxe.

O lume iniciouse ás 14.56 horas do pasado sábado e finalmente afectou unha superficie de 1.020, das cales 770 correspóndense con monte raso e 250 arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 5 técnicos, 33 axentes, 54 brigadas, 34 motobombas, 4 pas, 4 unidades técnicas de apoio, 10 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Data de actualización: 09/09/2025