Extinguido o incendio do concello ourensán da Mezquita, parroquia da Vilavella
O lume iniciouse ás 18.24 horas de onte e finalmente afectou unha superficie de 23,17 hectáreas, das cales 20,57 se corresponden con monte raso e 2,6 con arborado
Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2025
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello ourensán da Mezquita, parroquia da Vilavella, quedou extinguido hoxe ás 19.46 horas.
O lume iniciouse ás 18.24 horas de onte e finalmente afectou unha superficie de 23,17 hectáreas, das cales 20,57 se corresponden con monte raso e 2,6 con arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 1 técnico, 3 axentes, 12 brigadas, 5 motobombas, 7 helicópteros e 6 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.