A Xunta licita por máis de 156.000 euros a compra de novo equipamento para o servizo de oftalmoloxía do Hospital Público de Barbanza

O Servizo Galego de Saúde incorporará un biométrico óptimo que mellore a planificación de cirurxías de cataratas

Tamén se instalará un sistema de tomografía de coherencia óptima que mellore o diagnóstico e seguimento do glaucoma

Grazas ao novo equipamento reduciranse as derivacións de pacientes a centros de referencia nesta especialidade

As empresas interesadas neste procedemento teñen ata o 25 de setembro para presentar as súas ofertas

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2025

A Xunta publica no Portal de Contratos de Galicia a licitación, por 156.090 euros, da subministración e instalación dun biómetro óptico e un sistema de tomografía de coherencia óptica con anxiografía con destino ao servizo de oftalmoloxía do Hospital Público de Barbanza.

Por unha banda, a compra dun biométrico óptico de alta precisión, por 47.190 euros, permitirá mellorar a fiabilidade das medicións para a selección de lentes intraoculares, especialmente en operacións de cataratas.

Deberá incorporar fórmulas de última xeración, medición automatizada e sen contacto, así como ferramentas de análises avanzadas que optimicen a planificación cirúrxica e reduzan a marxe de erro refractivo postoperatorio, é dicir, visión borrosa.

Por outro lado, a subministración dun sistema de tomografía de coherencia óptica, por 108.900 euros, permitirá dotar o servizo do Hospital Público de Barbanza dunha plataforma de imaxe estrutural de alta resolución, que incluirá capacidade de anxiografía non invasiva, seguimento estrutural en enfermidades como o glaucoma ou dexeneración macular asociada á idade. Tamén contará con conectividade coa historia clínica electrónica para a xestión de estudos e comparativas intervencionista.

Con este investimento, o Servizo Galego de Saúde reducirá as derivacións de pacientes deste hospital comarcal a centros de referencia.

As empresas interesadas nesta licitación teñen ata o 25 de setembro para presentar as súas ofertas.

Data de actualización: 11/09/2025