A Xunta colabora coas festas do barrio de Recatelo, en Lugo, que se celebran o sábado
Lugo, 11 de setembro de 2025
A asociación de veciños do parque Rosalía de Castro – Recatelo celebra as festas do barrio este sábado, 13 de setembro, coa colaboración da Xunta. A Delegación Territorial de Lugo acolleu a presentación do programa, coa participación do delegado, Javier Arias, e a presidenta do colectivo, Marta Fernández.
O pregón estará adicado a Paula Alvarellos e o encargado de pronuncialo será Juan Antonio Casas, en representación do grupo Iuris Tintum. Ao longo do día actuarán Tony Lomba e Malditos Pendejos, ademais de As Searas, que ofrecerá cantos de taberna.
A Asociación Contra o Cancro (AECC), a Protectora de Animais e o colectivo Capaces instalarán postos informativos durante a xornada. Ademais, pola zona peonil pasará a carreira solidaria Holi Run organizada por Aspnais para ese mesmo día.
No marco desta mesma celebración, mañá venres, ás 19,00 horas, o parque Rosalía de Castro acollerá clases de baile gratuítas organizadas pola discoteca Sweet.