Medio Rural avalía a posibilidade de establecer vías de colaboración co Concello da Fonsagrada para mellorar as infraestruturas rurais do municipio

Lugo, 12 de setembro de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse hoxe co alcalde do concello lucense da Fonsagrada, Carlos López, para abordar algunhas cuestións de interese para este municipio.

Na xuntanza, que tivo lugar no Departamento Territorial da Xunta en Lugo, avaliouse a posibilidade de establecer vías de colaboración para mellorar as infraestruturas rurais da localidade. A maiores, estudouse a situación dos instrumentos de mobilización da terra agraria que se desenvolveron na localidade e afondouse na mellora da súa xestión forestal.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/09/2025