Medio Rural salienta que a formación en clasificación de canais de vacún e porcino incide na transparencia do mercado, a calidade do produto e a mellora xenética

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2025

O director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, deu hoxe á benvida ao alumnado do curso de clasificación de canais de vacún e porcino organizado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que se está a celebrar hoxe e mañá na sede do consello regulador das indicacións xeográficas protexidas Ternera, Vaca e Buey Gallego. Alí, valorou positivamente este tipo de accións formativas, que son básicas para o mercado da carne, pois contribúen á súa transparencia, á calidade do produto e á mellora xenética dos animais.

Neste sentido, o curso está dirixido ás autoridades e servizos inspectores oficiais competentes no control dos aspectos inherentes á clasificación de canais nas comunidades autónomas. A formación comeza hoxe con relatorios sobre os aspectos prácticos da normativa comunitaria e nacional para a clasificación de canais, o sistema de rexistro e comunicación de prezos e os controis oficiais. A finais do día e durante as sesións de mañá haberá sesións prácticas en matadoiros para completar a formación.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/09/2025