A Xunta pon en valor a presenza comercial de Vegalsa-Eroski no territorio galego
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu hoxe ao acto de apertura do novo establecemento Cash Record do parque empresarial da Sionlla, en Santiago de Compostela. Alí, puxo en valor a presenza do grupo Vegalsa-Eroski en múltiples puntos da Comunidade, posibilitando que a cidadanía galega en xeral, e os profesionais da hostalaría e da restauración no caso dos Cash Record, teñan ao seu dispor unha ampla variedade de produtos alimentarios.
Alén aproveitou o acto para poñer de relevo que está en marcha o Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030, unha folla de ruta a prol do comercio de proximidade que conta cun orzamento de 320 millóns de euros para consolidar un sector competitivo, forte, moderno, sostible, atractivo e de calidade. Un plan —segundo dixo— que se deseñou considerando as achegas de todos os axentes implicados, unhas achegas que se seguirán tendo en conta durante a súa aplicación.