Activo un incendio forestal no concello lucense de Pantón, parroquia de Pombeiro
Decretouse a Situación 2 como medida preventiva pola proximidade ao núcleo de poboación de Lornís
Segundo as primeiras estimacións provisionais, o incendio afecta unha superficie de 20 hectáreas
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2025
A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello lucense de Pantón, parroquia de Pombeiro. Vén de decretarse a Situación 2 como medida preventiva. Esta situación operativa de emerxencia declárase pola proximidade do lume ao núcleo de poboación de Lornís.
O incendio iniciouse ás 14.16 horas de hoxe e segundo as primeiras estimacións provisionais afecta unha superficie de 20 hectáreas. Polo de agora mobilizáronse para a súa extinción 3 técnicos, 9 axentes, 12 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 8 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.