O conselleiro de Sanidade participou no acto de recepción celebrado no Parlamento
Gómez Caamaño subliña a contribución da promoción 1973-1979 de Medicina á consolidación en Galicia dun dos mellores sistemas sanitarios do mundo
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2025
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, participou esta tarde na recepción á promoción 1973-1979 de Medicina, subliñando a súa contribución a facer da sanidade galega un referente a nivel internacional en moitos eidos e a consolidar en Galicia un dos mellores sanitarios do mundo.
Gómez Caamaño destacou así a traxectoria dese conxunto de médicos e felicitou ao presidente do Parlamento, Miguel Santalices, por organizar este acto de recoñecemento público ao seu labor a prol do progreso da Medicina.
Departamento:
C. de Sanidade
Data de actualización: 18/09/2025