Ana Ortiz destaca a “sensibilización social e a inclusión” a través da regata solidaria “Vigo a Vela”

A delegada territorial de Xunta en Vigo participou este luns na presentación da nova edición da proba que se celebrará o vindeiro 4 de outubro

 

Vigo, 22 de setembro de 2025

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, destacou este luns no Real Club Náutico de Vigo o labor que leva a cabo a IV Regata Inclusiva “Vigo a Vela” para achegar o mar ás persoas con discapacidade. Así o fixo durante a presentación da nova edición da proba que se celebrará o vindeiro 4 de outubro na ría de Vigo.

A representante autonómica destacou o apoio da Xunta de Galicia a esta nova edición dunha iniciativa que naceu co obxectivo de concienciar á sociedade. “A regata inclusiva é un bo exemplo dunha actividade deportiva que ten como obxectivo sensibilizar á sociedade sobre a plena inclusión das personas con discapacidade a través do deporte”, sinalou Ortiz.

A regata disputarase na ría de Vigo con preto de 15 equipos con embarcacións profesionais e cunha tripulación mixta formada por profesionais da vela e persoal de asociacións e entidades que traballan con persoas con discapacidade física ou intelectual. Cada barco contará cun padriño ou madriña, procedentes do mundo do deporte, a escea social e cultural ou a comunicación.

Na presentación da proba, ademáis da delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, participaron o presidente do Real Club Náutico de Vigo, Antonio Pérez Castro; o CEO de Mundinova, Diego Maraña; a responsable de Comunicación de Coca-Cola Europacific Partners, María Troncoso; a directora de Banca Privada en Galicia Sur do Banco Sabadell, Patricia de Oya; o director do Hotel Attica21 Samil, Daniele Provezza, e Laura Moya, de Sailway.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/09/2025