Ana Ortiz salienta a unión do Real Náutico de Vigo e a Escola Naval de Marín na Regata Gardamarina para promover o deporte

Vigo, 24 de setembro de 2025

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este mércores na presentación da XXXII Regata Gardamarina, que se celebrará entre os vindeiros 27 e 28 de setembro. Ortiz asistiu ao acto xunto ao presidente do Real Club Náutico de Vigo, Antonio Pérez; o presidente da Real Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde, o comandante director da Escola Naval de Marín, Tomás Clavijo; o comandante naval de Vigo, Antonio Couce; o concelleiro vigués e xefe de servizo de Deportes da Xunta, Daniel Benavides, e o concelleiro de Deportes, Manuel Fernández. A regata terá saída desde Marín con final en Vigo, desde onde partirá ao día seguinte para completar a segunda etapa de regreso á ría de Pontevedra.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/09/2025