A delegada da Xunta en Ferrol recibe á directiva da Asociación cultural Valdoviño no teu camiño
Ferrol, 24 de setembro de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta tarde unha reunión cos representantes da asociación cultural Valdoviño no teu camiño, co fin de coñecer as actividades e proxectos nos que se atopa inmersa esta entidade de recente constitución.
Aneiros interesouse polo labor desta agrupación sen ánimo de lucro e cuxo ámbito de actuación é autonómico e aproveitou para destacar a importancia do labor desenvolvido polo asociacionismo local a prol da dinamización da vida social.
O encontro enmárcase na rolda de contactos que a delegada territorial vén mantendo co tecido asociativo da zona co obxecto de coñecer de primeira man as súas necesidades e demandas relacionadas coa Administración autonómica.