O seguimento da folga de médicos acada o 13,9 % na quenda de tarde da sanidade pública galega

O seguimento da folga de médicos na quenda de mañá chega ao 39,04 %, co procesado de datos definitivo

A folga en xornada de mañá supuxo a suspensión de 336 cirurxías, 5.995 consultas hospitalarias e 615 probas diagnósticas

En atención primaria afectou en torno a 4.000 consultas

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2025

O seguimento da folga de médicos convocada para a xornada de hoxe acadou, na súa quenda de tarde, o 13,87 % nos centros sanitarios da comunidade galega.

Así, a porcentaxe de participación nos sete grandes hospitais do Servizo Galego de Saúde, acadou o 16,09 % e non foi secundada no caso dos centros hospitalarios comarcais.

Pola súa banda, no que atinxe á quenda de tarde na atención primaria o seguimento da folga acadou o 12,5 % de participación.

En canto á quenda de mañá, o dato definitivo de seguimento da folga acadou o 39,04 % no conxunto do sistema sanitario galego, unha vez co procesado definitivo de todos os datos. Así, a porcentaxe de participación na folga en atención hospitalaria na quenda de mañá chegou ao 44,66 % e en atención primaria, ao 21,06 %.

A folga en xornada de mañá supuxo a suspensión de 336 cirurxías, 5.995 consultas hospitalarias e 615 probas diagnósticas. En atención primaria afectou en torno a 4.000 consultas.

A sanidade pública galega está a responder axeitadamente a todas as urxencias que se presentaron ata o de agora nos centros sanitarios galegos. Así, a Xunta seguirá traballando para ofrecer unha atención óptima a todos os cidadáns e para acadar as mellores condicións laborais para o conxunto de profesionais, ben sexa na atención primaria ou hospitalaria.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/10/2025