A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co secretario xeral técnico, Yago Borrajo Sánchez, asinou co alcalde o convenio para o financiamento da actuación

A Xunta colabora co concello de Val do Dubra na mellora de viarios ao paso por catro núcleos

O Goberno galego financia esta intervención cun préstamo por 241.765€ do Fondo de Cooperación, a través desta liña dirixida a municipios de menos de 50.000 habitantes

Con esta medida, o departamento que dirixe María M. Allegue presta apoio aos municipios con menos poboación para levar a cabo a conservación de patrimonio, rexeneración urbana ou adquisición de inmobles

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2025

A Xunta colabora co Concello de Val do Dubra na actuación de mellora de viarios situados en Maxais, Villalba, Bembibre e Gontar. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co secretario xeral técnico, Yago Borrajo, asinou co alcalde de Val do Dubra, Diego Luis Díaz, o convenio para a concesión dun préstamo por un importe total de 241.765€ do Fondo de Cooperación da Xunta para municipios de menos de 50.000 habitantes.

En concreto, a través deste préstamo, o Concello abordará o acondicionamento dun viario en Maxais, outro en Gondar, así como catro treitos dun viario en Villalba e outro en Bembibre, nos que se mellorará a capa de rodaxe, executarase a limpeza de gabias para un correcto drenaxe e a sinalización horizontal.  

A intervención desenvolverase mediante esta iniciativa da Xunta que está destinada a financiar obras de conservación de patrimonio, rexeneración urbana ou adquisición de inmobles para rehabilitar en municipios con poboación máis pequena.

Este préstamo sen xuros, a devolver en 8 anos, correspóndese á convocatoria 2025 desta liña de achegas, dotada dun total de 3,7M€, e que estará aberta ata o vindeiro 15 de outubro.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/10/2025