Diego Calvo asiste ao partido amistoso nas Pontes entre as seleccións absolutas femininas de fútbol sala de España e Portugal
2025-10-08
/documents/35297/1878426/20251008FutbolSalaFeminino1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
As Pontes (A Coruña), 8 de outubro de 2025
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no polideportivo municipal das Pontes ao partido amistoso entre as seleccións absolutas femininas de fútbol sala de España e Portugal, no marco da súa preparación para a Copa Mundial Feminina de Futsal da FIFA 2025, unha cita que se celebra por primeira vez este ano e que terá como sede Filipinas.
Data de actualización: 08/10/2025