O Servizo Galego de Saúde publica a relación definitiva das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario

Rexistráronse un total de 10.839 inscricións, sendo admitidos 10.356 aspirantes

O 7,94 % foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2025

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, unha resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se dá a coñecer a relación definitiva coa orde de prelación e a puntuación obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de elaboración das listas de selección temporal de diversas categorías.

As categorías, en concreto, son: albanel, bibliotecario, calefactor, carpinteiro, condutor, costureiro, electricista, enxeñeiro superior biomédico, enxeñeiro técnico, fontaneiro, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, lavandeiro, mecánico, pasador de ferro, perruqueiro, técnico de grao medio en biblioteconomía e documentación, técnico de grao medio en prevención de riscos laborais, técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico superior en ciencias da información, técnico superior en prevención de riscos laborais, técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información e telefonista.

Rexistráronse un total de 10.839 inscricións, resultando admitidos 10.356 aspirantes. O 7,94 % foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso. Só resultan excluídas o 4,46 % das solicitudes de participación.

Admitidos por categorías

O total de aspirantes admitidos por categorías foron: 82 en albanel, 75 en bibliotecario, 188 en calefactor, 133 en carpinteiro, 741 en condutor, 224 en costureiro, 774 en electricista, 58 en enxeñeiro superior biomédico, 425 en enxeñeiro técnico, 185 en fontaneiro, 1.328 en grupo de xestión da función administrativa, 849 en grupo técnico da función administrativa, 1.065 en lavandeiro, 336 en mecánico, 877 en pasador de ferro, 120 en perruqueiro, 83 en técnico de grao medio en biblioteconomía e documentación, 516 en técnico de grao medio en prevención de riscos laborais, 349 en técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, 359 en técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información, 102 en técnico superior en ciencias da información, 443 en técnico superior en prevención de riscos laborais, 248 en técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información e 796 en telefonista.

Novas inscricións

O número de novas inscricións en relación ao pasado ciclo é de: 7 en albanel, 16 en bibliotecario, 25 en calefactor, 11 en carpinteiro, 49 en condutor, 19 en costureiro, 53 en electricista, 16 en enxeñeiro superior biomédico, 31 en enxeñeiro técnico, 15 en fontaneiro, 171 en grupo de xestión da función administrativa, 139 en grupo técnico da función administrativa, 35 en lavandeiro, 25 en mecánico, 27 en pasador de ferro, 9 en perruqueiro, 9 en técnico de grao medio en biblioteconomía e documentación, 10 en técnico de grao medio en prevención de riscos laborais, 18 en técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, 29 en técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información, 3 en técnico superior en ciencias da información, 26 en técnico superior en prevención de riscos laborais, 21 en técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información e 97 en telefonista.

As listas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

As listas entrarán en vigor a efectos de chamamentos o día 10 de outubro.

Próximas publicacións

Proximamente publicaranse as listas definitivas para nomeamentos temporais en postos de traballo del persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), nos colectivos profesionais de: clase inspector médico, clase de inspector farmacéutico, clase de farmacéutico inspector de saúde pública, lista xeral de licenciado sanitario (en Medicina e Cirurxía, en Farmacia, en Ciencias Químicas, en Ciencias Biolóxicas e en Psicoloxía), clase de subinspector sanitario e clase de ATS/DUE.

Data de actualización: 09/10/2025