María José Gómez pon en valor a actividade apícola como dinamizadora da economía das zonas rurais

O Valadouro (Lugo), 11 de outubro de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asistiu esta mañá á XXXVIII Feira do Mel do Valadouro. Alí enxalzou a importancia da actividade apícola e o seu papel como elemento dinamizador das zonas rurais, así como da preservación do patrimonio etnográfico con colmeas e alvarizas tradicionais aínda conservadas en Galicia.

Ademais, lembrou que a nosa comunidade conta cun distintivo de calidade diferenciada propio para este produto, a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia, que conta con 240 apicultores inscritos, máis de 38.500 colmeas e 45 empresas envasadoras. O pasado ano, baixo este indicativo comercializáronse 200.000 quilos cun valor económico estimado superior aos 1,8 millóns de euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/10/2025