Controlado un incendio no concello coruñés de Fisterra, parroquia de San Martiño de Duio

O lume iniciouse ás 18.46 horas de onte e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 24,53 hectáreas de monte raso

Santiago de Compostela, 12 de outubro de 2025

A Consellería do Medio Rural informa de que un incendio forestal no concello coruñés de Fisterra, parroquia de San Martiño de Duio, quedou controlado ás 10.31 horas de hoxe.

O lume iniciouse ás 18.46 horas de onte e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 24,53 hectáreas, todas elas de monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse 10 axentes, 12 brigadas e 11 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

 

Data de actualización: 12/10/2025