Medio Rural reforza a cooperación co concello de Esgos para a mellora da súa rede de camiños municipais
2025-10-13
/documents/35297/1881518/20251013_ConseMR_alcalde_Esgos.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse co alcalde de Esgos, José Antonio Blanco. Na xuntanza analizouse a cooperación entre a Xunta e este Concello en materia de mellora de infraestruturas rurais e, máis concretamente, da rede de camiños municipais que dan acceso a parcelas agrícolas. Neste sentido, cómpre lembrar que Esgos recibiu unha achega de máis de 43.000 euros por parte da Consellería dentro do plan Camiña Rural 2025-2026, destinado precisamente a esta finalidade.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 13/10/2025