Extinguido o incendio do concello ourensán da Gudiña, parroquia de Parada da Serra
O lume, que todo indica que se trata dunha reprodución do rexistrado o pasado domingo na mesma zona, afectou unha superficie de arredor de 43,47 hectáreas, das cales 43,07 se corresponden con monte raso e as restantes 0,4 de arborado
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2025
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello ourensán da Gudiña, parroquia de Parada da Serra, quedou extinguido ás 20.50 horas de hoxe.
O lume, que todo indica que se trata dunha reprodución do rexistrado o pasado domingo na mesma zona, iniciouse ás 16.32 horas de onte e afectou unha superficie de arredor de 43,47 hectáreas, das cales 43,07 se corresponden con monte raso e as restantes 0,4 de arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 10 axentes, 14 brigadas, 7 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 6 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.