María José Gómez enxalza o papel cultural e social da feira das San Lucas para Mondoñedo e a súa contorna

Mondoñedo (Lugo), 17 de outubro de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asistiu hoxe á baixada dos cabalos polas rúas de Mondoñedo con motivo da celebración da feira das San Lucas nesta localidade, sendo a Feira tradicional máis antiga de Galicia que se segue celebrando a día de hoxe. Alí, enxalzou o relevante papel cultural e social desta festividade para o concello e a súa contorna.

A feira das San Lucas é unha das máis importantes citas de gando cabalar de Galicia, na que se premia aos mellores animais, poñendo de relevo o traballo dos gandeiros. A festa, coa que colabora a Consellería do Medio Rural, rematará este luns tras cinco días de celebración cun amplo programa de actividades.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/10/2025