Un total de 40 mostras compiten desde hoxe nas Catas de Augardentes de Galicia que organizan Medio Rural e os consellos reguladores

Boqueixón (A Coruña), 20 de outubro de 2025

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, asistiu este mediodía ao inicio da Cata de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, que se desenvolve no Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón) e que organiza a Xunta en colaboración cos consellos reguladores.

Trátase da XXVII Cata das Augardentes; a XIV Cata dos Licores de Herbas, Licor Café e Augardente Envellecida; e da XII Cata das Augardentes de Herbas. En total, participan nestes concursos un total de 40 mostras de augardentes e licores, correspondentes a 12 empresas do sector.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/10/2025