A Xunta asiste ao Foro de Economía e Política Rexional, que se celebra estes días en Aragón
2025-10-23
/documents/35297/1887473/20251023+FORO+EUROPEO+JACA.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2025
O director xeral de Cohesión e Fondos Europeos da Consellería de Facenda e Administración Pública, Ángel Tarrío Tobar, asiste ao Foro de Economía e Política Rexional, que se celebra en Jaca (Huesca), ata mañá venres.
Na reunión trátanse temas coma os avances na execución 2021-2027, reprogramacións no marco das prioridades estratéxicas e avances nas aplicacións informáticas de xestión. Así mesmo, abórdanse tamén aspectos relacionados co peche do período 2014-2020.
Departamento:
C. de Facenda e Administración Pública
Data de actualización: 23/10/2025