A delegada da Xunta en Ferrol reúnese coa nova directiva da Junta General de Cofradías y Hermandades da Semana Santa de Ferrol

Ferrol, 23 de outubro de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, recibiu esta mañá na Delegación Territorial á nova directiva da Junta General de Cofradías y Hermandades da Semana Santa de Ferrol encabezada polo seu presidente, Fernando Iguacel, ao que trasladou as súas felicitacións polo seu recente nomeamento tras máis de dúas décadas exercendo como secretario da entidade.

Ademais de dar a benvida á nova directiva e desexarlles moitos éxitos nesta singradura, Aneiros aproveitou a ocasión para abordar durante a reunión de traballo diferentes asuntos vinculados coa celebración desta festividade que conta co apoio da Xunta.

Cabe lembrar que a Semana Santa de Ferrol, con máis de 400 anos de historia, está declarada Festa de Interese Turístico Internacional. A Junta General coordina o traballo das cinco confrarías (Dolores, Angustias, Merced, Santo Entierro e Soledad) implicadas na celebración.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/10/2025