A Xunta organiza unha xornada formativa sobre a recuperación de viñedo afectado por incendios

Terá lugar no Barco de Valdeorras o vindeiro martes 28 e inclúe diferentes faladoiros impartidos por científicos, enólogos e persoal experto na materia

A acción formativa rematará cunha demostración técnica de microtasting para aprender a detectar o smoke taint, a pegada que deixan o fume e os incendios no sabor do viño

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2025

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria e a Estación de Viticultora e Enoloxía de Galicia (Evega), organizará a acción formativa Tras o lume: o camiño de recuperación de viñedo e do viño, un curso monográfico no que se abordará a recuperación de zonas de viñedo afectadas por incendios forestais.

A xornada terá lugar na Casa Grande de Viloira, no concello ourensán do Barco de Valdeorras, o vindeiro martes 28 de outubro e inclúe diferentes faladoiros. Neles trataranse cuestións como os efectos do lume no viñedo, o impacto dos incendios nas uvas e a afectación ao chan, impartidos por científicos, enólogos e persoal experto nesta materia. A acción formativa rematará cunha demostración técnica de microtasting para aprender a detectar o smoke taint, a pegada que deixan o fume e os incendios no sabor do viño.

As persoas que estean interesadas en acudir a esta xornada poderán inscribirse a través da seguinte ligazón utilizando o código TT2025F132001. Para resolver dúbidas ou consultar máis información sobre esta acción formativa, están dispoñibles o enderezo ctransmedia.com e o número de teléfono 648 191 687.

Ligazón á inscrición:

https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas

Data de actualización: 25/10/2025