María José Gómez destaca a feira L de Lugo como un escaparate da calidade agroalimentaria galega

Lugo, 26 de outubro de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asistiu hoxe á quinta edición da feira L de Lugo, organizada pola Asociación de Distribuidores de Hostalería e Restauración de Lugo (Adislugo). Durante o seu percorrido polo evento, no que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta, Javier Arias, salientou a importancia deste tipo de celebracións, que actúan como escaparate da importante calidade agroalimentaria galega.

Así mesmo, destacou que se trata dun evento gastronómico de especial relevancia, no que se reúnen os principais actores deste sector. Por último, agradeceu o traballo desenvolvido por Adislugo na organización e impulso da feira.

Data de actualización: 26/10/2025