Medio rural e os concellos de Vedra, A Estrada, Teo e Boqueixón avalían colaborar no proxecto Ulla navegable de rutas en kayak
2025-10-27
/documents/35297/1895932/251027_Ulla_x-1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2025
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo este mediodía un encontro de traballo cos alcaldes de Vedra, Carlos Martínez; A Estrada, Gonzalo Louzao; e Boqueixón, Ovidio Rodeiro; en relación co proxecto Ulla Navegable, no que tamén participa o municipio de Teo. Na xuntanza, que tivo lugar na sede da Axencia en Santiago, avaliouse a posible colaboración entre a Consellería do Medio Rural e estes concellos para impulsar unha iniciativa vinculada ao turismo de natureza, como factor de desenvolvemento local, neste caso a través das rutas en kayak polo río.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 27/10/2025