A EGAP analiza co catedrático e xurista Miguel Sánchez Morón a temporalidade do emprego público e as medidas legais para abordalo

A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, inaugurou a conferencia A temporalidade e a estabilización no emprego público: un problema sen resolver

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2025.- A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, inaugurou a conferencia A temporalidade e a estabilización no emprego público: un problema sen resolver, impartida hoxe na Escola polo catedrático e xurista Miguel Sánchez Morón.

Durante o acto, o relator analizou a elevada temporalidade existente no emprego público e as súas causas, así como as medidas legais que se adoptaron para resolver ese grave problema, de acordo coas esixencias do dereito da Unión Europea e o resultado desas medidas.

Miguel Sánchez Morón, catedrático emérito de Dereito Administrativo da Universidade de Alcalá de Henares, foi letrado do Tribunal Constitucional, avogado e asesor de distintos Gobernos e Administracións Públicas en materias de Dereito Público e conta con numerosas publicacións nesta materia.

Data de actualización: 31/10/2025