A Xunta participa no recoñecemento ao doutor Rafael López co premio Ourensanía 2025

Ourense, 10 de novembro de 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, asistiron hoxe ao acto de entrega do Premio Ourensanía 2025 ao doutor Rafael López, xefe de Servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Clínico Universitario de Santiago. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, tamén estivo presente na homenaxe.

O Teatro Principal de Ourense acolleu un acto no que se recoñeceu a traxectoria profesional e as achegas científicas do oncólogo nado en Vilamartín de Valdeorras.

Ademais da súa dilatada traxectoria clínica e investigadora, o doutor Rafael López conta cunha longa experiencia como docente na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, ademais de ser o actual o presidente da ASEICA (Asociación Española de Investigación contra o Cancro). Destaca a súa participación como investigador principal en máis de 150 ensaios clínicos, ademais de contar con máis de 200 publicacións científicas presentadas en distintos congresos do eido da oncoloxía.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/11/2025