Galicia aborda en Madrid co resto de autonomías e co ministerio a situación de mercado das principais producións agrícolas e gandeiras

Madrid, 18 de novembro de 2025

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participou hoxe en Madrid na xuntanza de directores xerais de comunidades autónomas convocada polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA).

No encontro abordáronse diferentes cuestións relacionadas coa situación de mercado das principais producións agrícolas e gandeiras, as tarefas de control e inspección da normativa de ordenación gandeira ou os novos traballos en materia de zootecnia previstos para 2026. Asemade, fíxose un seguimento da execución da intervención sectorial apícola e tratáronse diversos temas relacionados cos sectores vitivinícola e de froitas e hortalizas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/11/2025