A Xunta colabora co Campionato Nacional de Dardos que reunirá uns 1.500 participantes en Lugo esta fin de semana

Lugo, 19 de novembro de 2025

A Xunta colabora co Campionato Nacional de Dardos que acollerá esta fin de semana o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, no que está prevista a participación duns 1.500 xogadores e xogadoras procedentes de diferentes puntos de España.

O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, participou hoxe na presentación do programa xunto con membros da asociación Connection Darts e membros doutras entidades involucradas.

Arias felicitou á organización “por traer á capital lucense unha cita multitudinaria que dinamizará a economía e contribuirá a promoción da cidade”. As probas comezarán o venres 21 cos torneos individuais, e continuarán o sábado e o domingo cos diferentes equipos e seleccións.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/11/2025