Marcos Gómez Román participa na entrega de premios do III Torneo do Apóstolo Santiago de Golf

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2026.

O comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, asistiu hoxe á entrega de premios do III Torneo do Apóstolo Xacobeo de Golf, celebrada nas instalacións de Compostela Golf, na Sionlla. Trátase dunha cita que conta co apoio da Xunta de Galicia na antesala da celebración do Xacobeo 2027.

O III Torneo do Apóstolo Xacobeo reuniu nas instalacións de Compostela Golf a xogadores afeccionados nunha xornada marcada pola convivencia e a práctica deportiva. Este tipo de eventos axudan a proxectar a imaxe de Galicia a través do deporte, favorecendo a creación de propostas que complementan os principais activos turísticos da Comunidade.

Data de actualización: 26/07/2026