Aneiros destaca o alto nivel das escolas de hostalería galegas no ‘VI Concurso rexional D.O.P. Baena de Tortilla de Pataca’ celebrado na Esengra

Ferrol, 19 de novembro de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá na escola de especialidades da Estación Naval de A Graña (Esengra), en Ferrol, na entrega de premios do VI Concurso rexional de Tortilla de Pataca que promove a Denominación de Orixe Protexida (D.O.P.) de aceites e viños Baena no que tomaron parte oito escolas de hostalería de Galicia -CIFP Paseo das Pontes, CIFP Fraga do Eume, IES Sanxillao, IES Foz, CIFP Vilamarín, CPR Belarmino Fernández Iglesias e CIFP Compostela, ademais da anfitrioa Esengra-.

O certame desenvolveuse en dúas categorías: a de cociña, na que resultou gañador un alumno da Esengra pola elaboración e a calidade do produto presentado e a de sala, na que un alumno do CIFP Paseo das Pontes foi o mellor valorado pola presentación e a maridaxe ofrecida. O xurado entregou tamén un premio especial á escola con mellor puntuación global que recaeu no CIFP Paseo das Pontes.

A delegada territorial destacou o bo facer das escolas de formación profesional de hostalería galegas e a calidade das elaboracións presentadas nesta edición do certame.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/11/2025