Villaverde destaca a aposta de Congalsa pola innovación como referente no sector da transformación
A Pobra do Caramiñal (A Coruña), 20 de novembro do 2025
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou este xoves Congalsa, entidade dedicada á elaboración de produtos pesqueiros conxelados, e cuxa aposta pola innovación a sitúa nun referente europeo e mundial nesta materia.
Villaverde coñeceu de primeira man os procesos produtivos e o compromiso pola sostibilidade deste grupo empresarial, dous fitos decisivos que lle permiten dar resposta ás necesidades do consumidor actual, “e que a sitúan como elemento tractor para o desenvolvemento da comarca e a converten nun exemplo da modernización do sector alimentario”. Neste senso, a conselleira lembrou que a Administración autonómica aumentará o vindeiro ano o orzamento para o impulso da competitividade das pemes de transformación un 5%, ata chegar aos 17 millóns de euros.