Medio Rural destaca a aposta de Aceites Abril por unha produción elaborada con olivas colleitadas en Galicia

San Cibrao das Viñas (Ourense), 22 de novembro de 2025

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, visitou as instalacións de Aceites Abril no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, onde destacou a súa aposta pola produción de aceite elaborado exclusivamente con olivas colleitadas en Galicia, a liña de aceite de oliva virxe extra Colleita Propia da empresa.

Neste sentido, salientou que esta compañía galega colabora con produtores da nosa comunidade na recuperación das oliveiras autóctonas e na elaboración dun aceite de oliva 100 % producido con olivas de Galicia. Ademais, puxo en valor o seu papel dentro do sector olivícola, xa que vende os seus aceites a máis de 30 países.

Data de actualización: 22/11/2025