A delegación da Xunta en Lugo acolle a presentación da XVII Festa do Mexillón de Becerreá, que se celebrará o 7 de decembro
Lugo, 24 de novembro de 2025
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación da XVII Festa do Mexillón, que se celebrará o 7 de decembro en Becerreá e conta co apoio do Goberno galego. No acto participaron o delegado territorial, Javier Arias, e o alcalde do municipio, Manuel Martínez, entre outros.
Arias sinalou que a cita “é un reclamo turístico para Becerreá e un motivo para a xuntanza dos veciños e visitantes que se despracen pola ponte festiva”, ademais de promocionar “os produtos da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia, un alimento de calidade, san e nutritivo”.
A festa comezará ás 20.00 horas no Mercado Gandeiro da localidade, onde se disporán as mesas para degustar as distintas receitas propostas; tamén haberá inchables para os nenos e nenas e actuacións musicais.