Medio Rural e o Consello Regulador do Ribeiro reforzan a súa cooperación para impulsar a sustentabilidade e promoción destes viños

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; e polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, reuniuse esta mañá en San Caetano con representantes do Consello Regulador da Denominación de Orixe (DO) Ribeiro para avanzar en vías de cooperación conxuntas.

O encontro serviu para abordar novas medidas de colaboración entre a Xunta e o Consello Regulador en materias como a posta en valor deste cultivo, o impulso á súa sustentabilidade, a mobilización e recuperación de terras na DO e a promoción do consumo destes viños, entre outras cuestións. Así mesmo, tamén se analizaron os datos da vendima deste ano con máis de 8 millóns de quilos de uva recollidos nunha denominación especializada na produción de viños brancos, sendo as variedades brancas un 95 % do total.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/11/2025